MAR DUN BOSQUE ENCANTADO

Os bosques de Galicia que albergan a maior biodiversidade animal non se atopan terra dentro, senón baixo as frías augas do océano Atlántico. Nas súas augas crece o bosque de algas; é o bosque mergullado, o máis poboado e frondoso, pero o máis descoñecido. Mar dun bosque encantado é unha viaxe xunto aos habitantes de tres misteriosos ecosistemas das rías galegas: un impenetrable bosque de macroalgas, o bosque de algas verdes, que viaxa á deriva e un bosque de algas petrificadas, o bosque en que a rocha cobra vida. Un traballo que desvela os comportamentos e as máis incribles estratexias para cazar e non ser cazado para camuflarse ou reproducirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario