TODO DECIMALES

No dejeis de visitar esta página en la que encontrareis ejercicios para repasar lo visto en clase sobre las décimas, centésimas y milésimas.... Es genial!!!



REDONDEO NÚMEROS DECIMALES

Para todos los alumnos, y sobre todo para aquellos que tenéis dificultades en el redondeo de números decimales, aconsejo que pilotéis esta avioneta a ver si sois capaces de hacer que llegue a su destino.
Buena suerte!!!



XA ESTÁ AQUÍ O INVERNO

Como todos os anos, os nosos alumnos decoran os corredores con motivos invernais. Nesta ocasión, os alumnos de quinto fixeron un mural moi invernal... donde non puideron esquecer as fermosas folerpas de neve. Como veredes, están feitos uns artistas!!!

EN NADAL, 5º RECICLA

Como xa sabedes, os alumnos de 5º de primaria empregaron para realizar os adornos da árbore de nadal CD´s usados. As creacións foron boas e para mostra votade un vistazo ao seguinte vídeo onde tamén podemos ver a bota de Papá Noel realizada neste curso.

 

TOPO QUE?

Con este título, realizamos na aula de 5º de primaria unha actividade de Normalización Lingüística sobre os topónimos. Que son os topónimos? Espero que despois desta actividade todos podamos dar resposta a esta pregunta. Traballouse tamén cos topónimos propios da nosa cidade e tamén os alumnos tiveron que situar uns nomes de lugar no sitio preciso dunha fotografía dun entorno natural (o dicionario neste caso resultou moi útil).
 

PORTO DE VIGO

Os alumnos de 5º de primaria realizaron o pasado mes de decembro unha visita ao Porto de Vigo. O Presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) explicoulles aos rapaces a importancia da existencia dunha coopertiva de armadores en Vigo así como a súa historia. Posteriormente, realizamos unha visita a exposición "O arte de pescar". Os alumnos estiveron moi atentos ás explicacións por parte da monitora sobre as diferentes artes de pesca e os tipos de peixe que se captura con cada unha delas. Finalmente, xogaron por equipos a "Quen quere ser pescador?", onde puxeron a proba a atención mantida polo grupo durante toda a xornada a través de diversas preguntas. A miña felicitación aos rapaces polo seu magnífico comportamento!!!!