Os alumnos de 5º de primaria realizaron o pasado mes de decembro unha visita ao Porto de Vigo. O Presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) explicoulles aos rapaces a importancia da existencia dunha coopertiva de armadores en Vigo así como a súa historia. Posteriormente, realizamos unha visita a exposición "O arte de pescar". Os alumnos estiveron moi atentos ás explicacións por parte da monitora sobre as diferentes artes de pesca e os tipos de peixe que se captura con cada unha delas. Finalmente, xogaron por equipos a "Quen quere ser pescador?", onde puxeron a proba a atención mantida polo grupo durante toda a xornada a través de diversas preguntas. A miña felicitación aos rapaces polo seu magnífico comportamento!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario