O SISTEMA NERVIOSO

A relación humana consiste en percibir os cambios que se producen no noso entorno para poder reaccionar ante eles emitindo unha resposta que pode ser motora ou secretora. Esto significa que na función de relación (propia dos seres vivos) interveñen varios aparatos e sistemas. En primeiro lugar, son os órganos dos sentidos e as células receptoras os encargados de percibir os cambios do medio mediante a captación dos diferentes estímulos, e o sistema nervioso conduce esa información ata o centro de operacións (sistema nervioso central) que se encarga de analizar a información e elaborar unha resposta.
Nestes enlaces poderedes examinar a estructura e fisioloxía do sistema nervioso así como o funcionamento dos órganos dos sentidos. Espero que vos sexa de utilidade!!!






A DERIVA DOS CONTINENTES

Como sabedes, nesta avaliación os traballos de naturais tiveron como obxectivo coñecer un pouquiño a vida e as facetas de grandes investigadores, científicos e inventores que fixeron posible o coñecemento do noso planeta, a utilización de diferentes instrumentos que nos facilitan o día a día e preservan a nosa saúde, etc. Un destes grandes científicos foi Alfred Wegener, pai da teoría da Deriva Continental que suscitou unha enorme curiosidade por parte dos alumnos. Despois de explicarlles brevemente a existencia dun único continente (Pangea) que se fragmentou en dous (Lawrasia e Gondwana) a súa curiosidade foi en aumento...
Para facilitar a comprensión sobre a formación dos continentes e das grandes elevacións que existen na Terra, déixovos unha serie de enlaces moi didácticos e interesantes para poder responder á vosa curiosidade sobre o tema. Espero que vos gusten e que os animen a investigar pola vosa conta. E sobre todo, nunca perdades a curiosidade por coñecer máis!!!








ODAIKO INVENCIÓN

Odaiko Percussion Group (OPG) toma o seu nome do ODAIKO, un tambor tradicional xaponés de grandes dimensións e con 1,2 metros de diámetro e 1,5 de profundidade, chegando a ser necesarias tres persoas para poder ser tocado.
O pasado mércores día 11 de marzo tivemos a oportunidade de asistir ao seu novo espectáculo INVENCIÓN, e como sempre, non defraudaron. Invención representa un percorrido histórico polos grandes inventos da humanidade dende o século XVIII ata a actualidade. Primeiramente, preséntannos as grandes invencións do músico clásico J. S. Bach para repasar os distitnso inventos que xurdiron coa industrialización, a introdución do plástico etc. Odaiko Percussion Group mostra un inxenio tremendo e anima ao público a participar durante toda a súa actuación. Fabulosos!!! É incrible como se pode crear un espectáculo tan orixinal e fascinante cun andamio, uns cantos tubos de PVC e pouco máis... 

Se queredes coñecelos máis a fondo, visitade ao grupo ODAIKO na súa páxina web.

RESUMEN SISTEMA MÉTRICO. FORMA COMPLEJA E INCOMPLEJA

Para seguir afianzando los conceptos, os dejo en este enlace una serie de ejercicios y actividades que os ayudarán a repasar toda la unidad del sistema métrico decimal, y además, podréis practicar la conversión de la forma compleja a la incompleja y viceversa.


MEDIDAS DE MASA

Aquí tenéis otros tres enlaces para realizar actividades sobre las unidades de masa. Incluye juegos didácticos así que no hay excusas para no practicar. ¡No hay mejor manera de aprender que pasándolo bien!


OS CLIMOGRAMAS

Os climogramas son gráficos onde podemos representar ao mesmo tempo as temperaturas e precipitacións de un determinado lugar e nun período de tempo que normalmente é dun ano. Este gráfico serve para comparar os climas de diferentes zonas do planeta ou incluso comparar a evolución climática dunha mesma zona con respecto ao paso dos anos.
Se queredes realizar climogramas non vos perdades estes enlaces!!





MEDIDAS DE LONGITUD

Para practicar lo aprendido en clase os propongo que visitéis el siguiente enlace, donde tendréis un gran amplio abanico de actividades sobre las medidas de longitud.