Dinámica de grupo: todos temos cousas positivas!

O martes, na clase de Valores Sociais e Cívicos fixemos unha pequena dinámica de grupo na que cada un debía escribir na folla do resto de compañeiros (que levaban pegada nas costas), unha cualidade positiva. Ao finalizar, cada un leu a súa folla en voz baixa ao mesmo tempo que escoitabamos unha canción de motivación e de loita polos soños. Saíu unha actividade chulísima e todos nos levamos unha grata sorpresa co que nos escribiron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario