DESPEDIDA DO ENTROIDO 2015

Como vén sendo todos os anos, os alumnos de 5º foron os encargados de confeccionar a fermosa sardiña coa que despedimos o noso Entroido. O día do enterro, houbo choros, bágoas pero tamén unhas palabras na súa memoria... Pequena xoubiña, nunca esqueceremos a boa labor que fixemos contigo. Descansa eternamente!!!

Hoxe estamos de loito,
o Entroido chega a súa fin,
a sardiña con el se apaga, 
e este lume que tanto queima
a converterá en xoubiña asada.

Que tristeza, que emoción,
o Entroido remata,
e este frío a calquera mata,
esperamos que veña pronto a primavera,
que encha de flores os campos
e que poidamos esquecer tantos prantos.

Tanta crise, tanta corrupción
enchen xuntas máis dun camión,
mentres os cartos se leven da nación, 
non haberá para tanto político perdón.

Os bancos dos grandes peixes atópanse en paraísos,
a nose triste sardiña está chea de sorrisos
pois resulta que agora,
os peixes gordos nadan fóra da auga,
e non cheiran a mar precisamente,
cheiran a chourizo constantemente.

Por mor disto, 
a nosa sardiña grita sen consolo,
"non son xouba, son xurelo,
deixádeme libre...
deixádeme ceibe...
imploro o voso perdón, para liberarme desta maldición".

E nós repetimos con consternación,
ata logo xoubiña,
ata logo pequena sardiña,
arde moito, arde ben
e alégranos o día tamén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario