A DERIVA DOS CONTINENTES

Como sabedes, nesta avaliación os traballos de naturais tiveron como obxectivo coñecer un pouquiño a vida e as facetas de grandes investigadores, científicos e inventores que fixeron posible o coñecemento do noso planeta, a utilización de diferentes instrumentos que nos facilitan o día a día e preservan a nosa saúde, etc. Un destes grandes científicos foi Alfred Wegener, pai da teoría da Deriva Continental que suscitou unha enorme curiosidade por parte dos alumnos. Despois de explicarlles brevemente a existencia dun único continente (Pangea) que se fragmentou en dous (Lawrasia e Gondwana) a súa curiosidade foi en aumento...
Para facilitar a comprensión sobre a formación dos continentes e das grandes elevacións que existen na Terra, déixovos unha serie de enlaces moi didácticos e interesantes para poder responder á vosa curiosidade sobre o tema. Espero que vos gusten e que os animen a investigar pola vosa conta. E sobre todo, nunca perdades a curiosidade por coñecer máis!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario