ODAIKO INVENCIÓN

Odaiko Percussion Group (OPG) toma o seu nome do ODAIKO, un tambor tradicional xaponés de grandes dimensións e con 1,2 metros de diámetro e 1,5 de profundidade, chegando a ser necesarias tres persoas para poder ser tocado.
O pasado mércores día 11 de marzo tivemos a oportunidade de asistir ao seu novo espectáculo INVENCIÓN, e como sempre, non defraudaron. Invención representa un percorrido histórico polos grandes inventos da humanidade dende o século XVIII ata a actualidade. Primeiramente, preséntannos as grandes invencións do músico clásico J. S. Bach para repasar os distitnso inventos que xurdiron coa industrialización, a introdución do plástico etc. Odaiko Percussion Group mostra un inxenio tremendo e anima ao público a participar durante toda a súa actuación. Fabulosos!!! É incrible como se pode crear un espectáculo tan orixinal e fascinante cun andamio, uns cantos tubos de PVC e pouco máis... 

Se queredes coñecelos máis a fondo, visitade ao grupo ODAIKO na súa páxina web.

No hay comentarios:

Publicar un comentario