O pasado venres colocamos nas árbores da Rúa Sanjurjo Badía os adornos que fixemos. Por aquí deixámosvos unhas fotiños do bonito que quedaron.
Blogue dos alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria do Colexio Possumus
Dinámica de grupo: todos temos cousas positivas!
O martes, na clase de Valores Sociais e Cívicos fixemos unha pequena dinámica de grupo na que cada un debía escribir na folla do resto de compañeiros (que levaban pegada nas costas), unha cualidade positiva. Ao finalizar, cada un leu a súa folla en voz baixa ao mesmo tempo que escoitabamos unha canción de motivación e de loita polos soños. Saíu unha actividade chulísima e todos nos levamos unha grata sorpresa co que nos escribiron.
Saída Museo do MARCO
O pasado venres día 30 de novembro, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria visitamos o Museo do MARCO para aprender cousiñas das Illas Cíes. Aquí quedan algunhas das fotiños, nas que podedes ver a visita que nos fixo Abel Caballero, o noso alcalde.
25 de novembro. Día mundial contra a Violencia de Xénero.
"Os nosos dedos din NON á violencia de xénero"
Hoxe fixemos un fermoso traballo cos nosos compañeiros de sexto, conmemorando o Día mundial contra a Violencia de Xénero. Por aquí queda o resultado...
Traballo dunha compañeira!
Por aquí déixovos unha foto dun traballo sobre a castaña feito por unha das nosas compañeiras. Grazas pola túa implicación, Uxía.
Algo estamos a tramar... nos próximos días empezaremos a facer varias actividades que contribúen ao proxecto que se está levando a cabo no cole... "Natural_mente".
Aquí déixovos unha ligazón para que poidades acceder á súa web e poidades ir vendo as cousas que van facendo os vosos compañeiros doutros cursos.
Celebramos o magosto no cole
O pasado mércores día 15 celebramos no cole o magosto. Puxémonos morados de castañas, pintámonos a cara e xogamos! Pasámolo pipa!
(que raro! :P)
Saída ao Estadio de Balaídos
Mañá visitaremos o estadio do noso equipo favorito... O REAL CLUB CELTA DE VIGO! (ensinarémosvos fotiños!)
Pequeno adelanto...
Boas tardes:
Por aquí deixo algunhas fotiños do gran día! Nuns días teredes o vídeo que vos prometín!
Por aquí deixo algunhas fotiños do gran día! Nuns días teredes o vídeo que vos prometín!
Chegou o día!!
Estamos a escasas horas do tan esperado día! Mañá teneremos a convivencia cos nosos compañeiros e compañeiras de sexto de Educación Primaria... TEMOS MOITÍSIMAS GANAS!
Por aquí queda unha fotiño da circular da convivencia por se alguén a precisa... recordade levar todo o que vos propuxemos pero sobre todo, non esquezades de levar ilusión e moitas, moitas ganas!
Vémonos mañá! (vou facer a miña maleta tamén) :)
Por aquí queda unha fotiño da circular da convivencia por se alguén a precisa... recordade levar todo o que vos propuxemos pero sobre todo, non esquezades de levar ilusión e moitas, moitas ganas!
Vémonos mañá! (vou facer a miña maleta tamén) :)
Homes e mulleres somos iguais
O pasado martes, na área de Valores Sociais e Cívicos traballamos un valor importantísimo: A IGUALDADE. Que importante é ensinar aos máis pequenos que os homes e as mulleres somos iguais e que non debemos discriminar a ninguén, nin por isto, nin por calquera outra cousa.
Cada alumn@ escribiu nun corpo que non tiña sexo, algunha característica propia, os seus gustos, etc. A continuación colocámolas no cortiza da aula para o próximo día poder lelas no alto e darnos conta de que moitas características son iguais e que non somos tan diferentes.
Convivencia... chega xa!
Quedan moi pouquiños días para gozar dunha gran convivencia! Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria, o vindeiro venres 19 de outubro, iremos á praia de Patos para gozar dunha gran tarde de surf. Despois virémonos para o cole no que nos espera unha gran festa hawaiana e unha noite chea de sorpresas... a ver quen é capaz de durmir!!!
TIC- TAC, TIC-TAC...
Xadrez no cole!
Boas tardes. Hoxe empezamos de novo as clases de xadrez no cole. Pasamos unha hora moi entretida na que aprendemos unha chea de cousas. A partir de agora, todos os primeiros martes de cada mes, ás 10:00h. teremos esta gran clase. Esperamos con entusiasmo a seguinte!!!
Benvidos e benvidas a un novo curso...
Benvidos e benvidas! Empezamos un novo curso cheo de alegría e motivación. Espéravos un ano cheo de experiencias bonitas e de momentos xeniais, estades preparad@s? :)
CONCERTO PARA FAMILIAS: PACO NOGUEIRAS E O SEU BRINCA VAI!
O músico compostelán PACO NOGUEIRAS actuará o vindeiro venres 24 de marzo no colexio POSSUMUS ás 17 horas co seu espectáculo BRINCA VAI!. Trátase dun concerto aberto a todas as familias, e dirixido de xeito especial aos pais e nais que queiran vir a pasar unha magnífica velada coas cancións e a música en vivo de Paco Nogueiras e o seu BRINCA VAI!. O concerto, promovido polo colexio en colaboración coa ANPA, enmárcasse dentro do proxecto de centro DAR VIDA, e servirá tamén para presentar a canción que dará pe á grabación dun video clip moi especial. Prégase aos interesados en asistir contacten co centro chamando en horario de mañán ao teléfono 986 371 330 ata o xoves 23, a fin de confirmar asistencia para non rebasar aforo. NOTA: En caso de choiva aprazaríase, polo cal pregámoslle permañeza atento á web do centro onde se comunicará calquera novidade a este respecto.
DÍA DE SURF, NOITE NO COLE
Por fin, despois dun tempo de selección de fotos (había case 300) podedes ver esta presentación que trata de amosar as vivencias dos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria durante a convivencia.
A cara é o espello da alma, e os rapaces amosan sorrisos continuos... sinal de que foi unha boa experiencia que desexamos lembren para sempre.
Tamén queremos agradecer aos alumnos/as o seu excepcional comportamento e saber estar, así como o compañeirismo vivido.
Moitas grazas aos pais/nais polo seu apoio!!!
A cara é o espello da alma, e os rapaces amosan sorrisos continuos... sinal de que foi unha boa experiencia que desexamos lembren para sempre.
Tamén queremos agradecer aos alumnos/as o seu excepcional comportamento e saber estar, así como o compañeirismo vivido.
Moitas grazas aos pais/nais polo seu apoio!!!
ATERRAXES VERDES
Os alumnos de 5º e 6º visitaron o Aeroporto de Vigo baixo o Programa de Enaire "Aterrizajes Verdes". Foi unha experiencia moi gratificante tanto para alumnos como para os mestre, posto que ademais de ser moi participativo ensinounos moito sobre o funcionamento do aeroporto.
Agora sabemos que existen distintos tipos de Controladores Aéreos, e que a súa labor e fundamental no tanto para o despegue como para as aterraxes.
Os nosos alumnos foron moi Verdes e lograron diminuir cos seus programas de voo o nivel de contaminación acústica. Son uns verdadeiros pilotos!!!
O APARATO LOCOMOTOR
Para facilitar o estudo do sistema óseo e o muscular, deixo uns enlaces que espero que sexan útiles.
Tamén podedes ver o video do movemento da articulación do xeonllo, non o perdades, é interesantísimo!
SISTEMA ÓSEO
SISTEMA MUSCULAR
MAPAS INTERACTIVOS
Chegou o momento de poñernos ao día coa xeografía española. E nada mellor que estes enlaces para facilitar a labor. Espero que practiquedes moito!!!
BENVIDOS A UN NOVO CURSO
Benvidos a un novo curso, con novos alumnos e novas actividades. Espero que as diferentes entradas do blogue satisfagan as necesidades do alumnado en xeral. Tratarei de introducir actividades, vídeos e incluso xogos que faciliten e melloraren aqueles coñecementos impartidos no día a día da aula.
Lémbrovos que podedes consultar as entradas antigas que están clasificadas por materias e tipo segundo as súas categorías. Espero que vos sexa útil e que lle saquedes proveito.
Moitas grazas pola vosa colaboración e interese. Sin vos (alumnos e pais) este blogue non tería sentido.
A titora.
O MELLOR AMIGO, UN BO LIBRO
Na lectura debemos de coidar dúas cousas:
escoller ben os libros, e lelos ben.
escoller ben os libros, e lelos ben.
(Jaime Balmes)
Que a lectura vos acompañe durante estes meses de vacacións.
Nota: dentro de cada grupo, as lecturas están ordenadas de menor a maior dificultade.
LINGUA CASTELÁ
NARRATIVA
NARRATIVA
- "HISTORIAS DE FRANZ". Christine Nöstlinger. SM/ Barco de Vapor.
- "MI TÍO TEO". Pilar Mateos. Anaya/ El duende verde (colección).
- "EL HIJO DEL JARDINERO". Juan Farias/ El duende verde (colección).
- "OPOSICIONES A BRUJA Y OTROS CUENTOS". José Antonio del Cañízo. Anaya (El duende verde).
- "LOS VIAJES DE PERICOT". Carles Cano. Anaya (El duende verde).
- "EL COMPLOT DE LAS FLORES". Andrea Ferrari. SM (El Barco de Vapor).
- "EL HOMBRECITO VESTIDO DE GRIS Y OTROS CUENTOS". Fernando Alonso. Alfaguara.
- "LA MARAVILLOSA MEDICINA DE JORGE". Roald Dahl. Alfaguara.
- "BEN QUIERE A ANNA". Peter Härtling. Alfaguara.
POESÍA
- "LETRAS PARA ARMAR POEMAS" (Antología de Ana Pelegrín). Alfaguara.
- "CANCIONES Y PALABRAS DE OTRO CANTAR". Juan Carlos Martín Ramos. Edelvives.
LINGUA GALEGA
NARRATIVA
- "A FORMIGA COXA". Marilar Aleixandra. Xerais. Merlín.
- "VERBAS DE SAL". Antonio García Teijeiro. Xerais. Merlín.
- "NO CORAZÓN DO BOSQUE". Agustín Fernández Paz. Xerais. Sopa de libros.
- "OS NEGOCIOS DO SEÑOR GATO". Gianni Rodari. Xerais. Sopa de libros.
- "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE". Roald Dahl. Xerais. Merlín.
- "XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE". Mar Guerra. Xerais. Merlín.
- "OS PIRATAS DA ILLA DA ESPERANZA". X. H. Rivadulla Corcón. Xerais. Merlín.
TEATRO
Disfrutade coa lectura!!!
Boas vacacións. A vosa titora.
- "O MAQUINISTA ANTÓN". An Alfaya. Xerais. Merlín.
- "RESTAURANTE FARRUCO". Chus Pereiro. Xerais. Merlín.
- "A PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS". Gloria Sánchez e Miguel Vázquez Freire. Xerais Merlín.
- "SOPA DE XAROPE DE AMORA". Xosé A. Neira Cruz. Xerais.
POESÍA
- "A SOMBRA DO LUEIRO DE PAPEL". Antonio García Teijeiro. Everest.
- "BOLBORETAS NO PAPEL". Antonio García Teijeiro. Tambre.
- "RECENDOS DE AIRE SONORO". Antonio García Teijeiro. Xerais (Sopa de libros).
- "AS CATRO ESTACIÓNS". Antonio García Teijeiro. Galaxia. Árbore (colección).
- "VAIA TROPA". Antón Cortizas. Xerais. Merlín.
Disfrutade coa lectura!!!
Boas vacacións. A vosa titora.
PLANOS Y SIMETRÍAS
Visitade estes enlaces para afianzar conceptos sobre simetrías, giros y traslaciones.
ÁNGULOS
Pon a prueba tus conocimientos sobre los ángulos, traslaciones, giros y simetrías jugando. ¿Serás capaz de hacer que el camaleón o la araña coman el máximo número posible de pequeños animalitos en el menor número posible de intentos?
O APARATO LOCOMOTOR HUMANO
Como xa sabedes, o aparato locomotor é o responsable de levar a cabo a resposta producida polo sistema nervioso. Nestes enlaces poderedes repasar e profundizar un pouco máis en cada un dos sistemas que o forman: o sistema óseo e o sistema muscular, e que constitúen os órganos efectores na función de relación humana.
CLIMAS DE ESPAÑA
Rapaces, non vos perdades este pequeno vídeo donde poderedes ver un esquema das características dos principais climas do noso país.
SISTEMA SEXAGESIMAL
O SISTEMA NERVIOSO
A relación humana consiste en percibir os cambios que se producen no noso entorno para poder reaccionar ante eles emitindo unha resposta que pode ser motora ou secretora. Esto significa que na función de relación (propia dos seres vivos) interveñen varios aparatos e sistemas. En primeiro lugar, son os órganos dos sentidos e as células receptoras os encargados de percibir os cambios do medio mediante a captación dos diferentes estímulos, e o sistema nervioso conduce esa información ata o centro de operacións (sistema nervioso central) que se encarga de analizar a información e elaborar unha resposta.
Nestes enlaces poderedes examinar a estructura e fisioloxía do sistema nervioso así como o funcionamento dos órganos dos sentidos. Espero que vos sexa de utilidade!!!

A DERIVA DOS CONTINENTES
Como sabedes, nesta avaliación os traballos de naturais tiveron como obxectivo coñecer un pouquiño a vida e as facetas de grandes investigadores, científicos e inventores que fixeron posible o coñecemento do noso planeta, a utilización de diferentes instrumentos que nos facilitan o día a día e preservan a nosa saúde, etc. Un destes grandes científicos foi Alfred Wegener, pai da teoría da Deriva Continental que suscitou unha enorme curiosidade por parte dos alumnos. Despois de explicarlles brevemente a existencia dun único continente (Pangea) que se fragmentou en dous (Lawrasia e Gondwana) a súa curiosidade foi en aumento...
Para facilitar a comprensión sobre a formación dos continentes e das grandes elevacións que existen na Terra, déixovos unha serie de enlaces moi didácticos e interesantes para poder responder á vosa curiosidade sobre o tema. Espero que vos gusten e que os animen a investigar pola vosa conta. E sobre todo, nunca perdades a curiosidade por coñecer máis!!!
ODAIKO INVENCIÓN
Odaiko Percussion Group (OPG) toma o seu nome do ODAIKO, un tambor tradicional xaponés de grandes dimensións e con 1,2 metros de diámetro e 1,5 de profundidade, chegando a ser necesarias tres persoas para poder ser tocado.
O pasado mércores día 11 de marzo tivemos a oportunidade de asistir ao seu novo espectáculo INVENCIÓN, e como sempre, non defraudaron. Invención representa un percorrido histórico polos grandes inventos da humanidade dende o século XVIII ata a actualidade. Primeiramente, preséntannos as grandes invencións do músico clásico J. S. Bach para repasar os distitnso inventos que xurdiron coa industrialización, a introdución do plástico etc. Odaiko Percussion Group mostra un inxenio tremendo e anima ao público a participar durante toda a súa actuación. Fabulosos!!! É incrible como se pode crear un espectáculo tan orixinal e fascinante cun andamio, uns cantos tubos de PVC e pouco máis...
Se queredes coñecelos máis a fondo, visitade ao grupo ODAIKO na súa páxina web.
Se queredes coñecelos máis a fondo, visitade ao grupo ODAIKO na súa páxina web.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











































